..............................................
HISTORIA DO FORO
O Foro de Organizaciones de Periodistas (FOP) é a única
plataforma unitaria que existe en España que reúne a varias
organizacións de xornalistas. Ten como obxectivo planificar,
coordinar e realizar accións e actividades conxuntas para a defensa
dos dereitos laborais e profesionais dos xornalistas co fin de que o
exercicio da súa profesión responda ó dereito constitucional
de todos os cidadáns a recibir información veraz e contrastada.
O Foro traballa pola mellora das condicións de traballo destes
profesionais como a mellor garantía da súa independencia
no exercicio do xornalismo. [+]
..............................................
MEMBROS DO FORO
No Foro integranse as Agrupaciones de periodistas dos sindicatos
maioritarios Comisiones Obreras e Unión General de los Trabajadores;
a Confederación de Sindicatos de Periodistas, o Col.legi de Periodistes
de Catalunya e o Colexio de Xornalistas de Galicia. Os xornalistas que
reúnen estas organizacións e que se atopan representados
no Foro son, en total, uns trece mil.
|